Vigo habilitará un novo pavillón para persoas sen fogar de Baiona, Redondela e Porriño

O goberno local habilitará un segundo pavillón para albergar a persoas sen fogar, dada a demanda que existe desde localidades da área metropolitana. Segundo explicou o rexedor, o Concello recibiu peticións de Redondela, Baiona, O Porriño e incluso Pontevedra e avanzou que Vigo aceptará as solicitudes de localidades da área metropolitana dado que estas “non teñen nin espazos, nin medios, nin recursos para asumir esta situación”. Vigo, explicou, vai actuar como se existira un área metropolitana “porque non lle imos a negar a solidariedade nin o apoio a ningún concello do entorno” pero engadiu que é un momento para reflexionar xa que a área metropolitana, -agora precisa -, non e posible por unha decisión do presidente da Xunta, que a suspendeu no seu momento. Respecto a Pontevedra, a concelleira de Benestar Social falará coa súa homóloga nese municipio para buscar solucións alternativas.

O pavillón do Berbés ten unha capacidade de 50 persoas e a pasada noite xa durmiron 42, o que evidencia que empeza a estar ao límite. Neste punto o rexedor deu instrucións para buscar outro espazo “porque non imos deixar a ninguén sen atender”. Actualmente, o Concello atende coa máxima dignidade a persoas sen fogar no albergue de Marqués de Valterra, no da Fundación Santa Cruz, en hostais e pensións e no pavillón do Berbés, espazos aos que se sumará unha nova instalación de xeito inmediato.

Por outra banda, o alcalde deu conta o “intenso” traballo que segue a realizar a comisión de valoración das axudas de emerxencia, que permitiu entregar xa máis de 3.300 achegas por importe superior aos 210.000 euros. A este respecto, avanzou que se reforzarán os servizos sociais para atender a “avalancha” de solicitudes que se están a recibir “porque temos recursos e non queremos deixar a ninguén sen atender”.

Anuncios