Sin categoría

Baiona restrinxe o acceso ao Concello

Seguindo as instrucións do Goberno de España como consecuencia do virus Covid-19, Baiona restrinxe o acceso ao Concello. As xestións poderán realizarse a través da sede electrónica, www.baiona.org. En caso de cuestións urxentes, poderase contactar telefonicamente coa Policía Local en horario de 10:00 a 12:00 horas no 986 35 80 11, a cal facilitará unha cita. O Concello de Baiona pide aos veciños a súa colaboración na loita contra o virus e leve a cabo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consellería de Sanidade e Concello.