Cancelada a IX Concentración do Moto Club A Cento Cien

O Moto Club A Cento Cien de Gondomar informou este domingo que debido á situación provocada polo Covid-19 queda cancelada a súa IX Concentración, prevista para os días 19, 20 e 21 de xuño. O presidente da entidade, Carlos Figueroa, sinalou que “esperamos que todos salgamos adiante e poder seguir cos nosos eventos, se todo vai ben nos veremos no Motomagosto en outubro”.

O evento, que se desenvolve nunha carpa instalada xunto ao campo de fútbol de As Cercas, reúne cada ano por centos de moteiros para gozar de tres días cheos de actividades, como xogos moteiros, concertos, festas con DJ, sorteos e rutas moteiras, unha delas nocturna e con fachos en memoria dos moteiros caídos.

Anuncios