O presidente do Goberno anuncia a suspensión de toda actividade non esencial

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anuncia a suspensión de toda actividade non esencial a partir de luns 30 de marzo.

Seguindo as recomendacións do Comité Técnico, e tras comunicarllo aos axentes sociais, o presidente do Goberno tomou a determinación de que todos os traballadores de actividades non esenciais queden nos seus domicilios entre o 30 de marzo e o 9 de abril, ambas as dúas datas incluídas.

Un Consello de Ministros extraordinario, que se celebrará telemáticamente mañá domingo, aprobará a medida coa que se reducirá aínda máis a mobilidade das persoas, diminuirase o risco de contaxio e permitirá desconxestionar as UCIs dos hospitais.

“É o momento de intensificar as medidas con responsabilidade e sacrificio, só así gañaremos a batalla”, asegurou o xefe do Executivo.

2020-03-28 - EUNyFKYXsAASUiB