A Área Sanitaria de Vigo ofrecerá contratos a 39 residentes de medicina e enfermaría

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería de Sanidade pola que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación de determinadas especialidades, o exercicio das funcións de facultativo/a adxunto/a especialista, médico/a de atención primaria, pediatra de atención primaria ou enfermeiro/a especialista durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,

Así, a Xerencia da Área Sanitaria realizará esta oferta a un total de 39 residentes no seu último ano de formación: 16 en Medicina familiar e comunitaria; 2 en Anestesia e Reanimación; 4 en Pediatría; 1 Pneumoloxía; 2 Radiodiagnóstico; 1 Xeriatría; 1 Medicina intensiva; 2 Medicina interna; 4 Enfermería pediátrica e 6 Enfermería familiar e comunitaria .

A prestación será voluntaria e requirirá informe favorable provisional da comisión de docencia.

O persoal percibirá as retribucións das categorías de médico/a e enfermeira correspondentes, e tamén lle serán computados os servizos prestados para futuras OPE e demais procesos de provisión.

Anuncios