O PP de Baiona presenta varias propostas para poñer en marcha durante a corentena

O Grupo Popular de Baiona presentou onte unha serie de propostas ao Alcalde en virtude de axudar nestes momentos tan duros. O seu voceiro, Ángel Rodal, agradece que tomaran en conta algunhas destas medidas, en concreto a de restablecer o servizo de limpeza.

“Estamos á disposición do Concello e dos veciños e veciñas e así llo fixemos saber ao Alcalde incluso antes de que se decretase o Estado de Alarma. O Alcalde deunos traslado o pasado martes día 17 de marzo aos voceiros dos partidos da oposición das medidas de servizos mínimos tomadas polo Comité de Coordinación Municipal para tratar o Covid-19, do cal non formamos parte”, sinala Rodal, que engade que “somos coñecedores de que é unha situación sen precedente, pero todos podemos contribuír en axudar, políticos, persoal municipal, empresas do sector, a veciñanza, etc”.

“Estamos a recibir queixas e tamén suxestións por parte de veciños e veciñas preocupados e que poden ser útiles nestes momentos tan complexos. Dende o noso grupo consideramos que agora mesmo a prioridade é a limpeza e hixiene, salvagardando a seguridade dos nosos operarios municipais e á atención e apoio a nosa veciñanza que o necesite, por ser o Concello o organismo más próximo a cidadanía, é máis cando hoxe se ampliou o Estado de Alarma por 15 días máis”, destaca o voceiro popular.

“Nestes intres as queixas non son a solución dos problemas, pero as suxestións e as propostas poden selo e moito, é por iso que facemos traslado ao Alcalde e ao Comité coordinador dunhas actuación que esperamos valoren e poidan aplicar se as consideran oportunas”, remarca Rodal.

LIMPEZA:

– Neste sentido pensamos que a recollida de lixo non debe reducirse tal e como manifestamos na convocatoria do día 17 de Marzo, xa que a redución está provocando; acumulación de bolsas e luvas sobre os contedores, acumulación de lixo na contorna dos mesmos, dende que se estableceron os servizos mínimos, con retraso da recollida nas parroquias, etc.

No caso de que o Comité coordinador considere que debe manter os servizos mínimos de limpeza, é necesario comunicar á veciñanza por medio de bandos, redes sociais, etc, que o horario para deixar o lixo é de 20:00 a 05:00 horas os martes, venres e domingo, evitando que se deposite noutros horarios.

HIXIENE:

– Nestes momentos é a medida máis importante, polo que é imprescindible dotar aos servizos de limpeza de material adecuado para tal fin e un protocolo de seguridade. Fumigar os contedores diariamente e a súa contorna, así como as entradas dos establecementos de maior afluencia como supermercados, farmacias, froitarías, estancos, carnicerías, panaderías, centro de saúde entre outros.

– Para evitar ao máximo a exposición das persoas de limpeza, excepcionalmente poderíase realizar o servizo en horario nocturno, para non fumigar nas rúas hasta as 11:30 horas da mañá tal como se realiza actualmente.

– Que o persoal de xardinería ou outras áreas puideran reforzar o servizo de limpeza.

– No caso de non dispor de medios municipais xestionar con empresas de limpeza ou empresas do sector de albanelería o xardinería situadas no Concello ou limítrofes, que dispoñen de persoal e maquinaria para facer chorreos e fumigación, proporcionándolles os equipos de protección individual perceptivos para esta circunstancia.

– Coordinar de forma efectiva, para que primeiro se retire o lixo dos contedores e da contorna e posteriormente proceder á fumigación dos mesmos.

PERSOAS MAIORES E CON NECESIDADES:

– Nestes momentos é moi importante coñecer que persoas están en situación de necesidade, tanto as que xa se xestionan polos servizos sociais, como tamén aquelas persoas maiores ou con enfermidades de risco que nunca tiveron que acceder aos servizos sociais pero que agora non deben saír da casa en ningún concepto. É posible que algunhas destas persoas estean illadas, sen familia e sen apenas información.

A proposta sería que o Concello tivera un número de teléfono concreto de atención a estas persoas, e que persoal municipal que non está a realizar traballo telemático ou que non pertencen aos servizos de limpeza nin a vías e obras, así protección civil, cruz vermella ou forzas de seguridade, poidan ofrecer o servizo de entregarlles a comida, sacarlles o lixo, entrega de medicamentos, etc.

O primeiro sería coñecer que persoas poden estar nesta situación, podería xestionarse a través da información que poden dispor os carteiros e carteiras, os Administradores de Fincas, o párroco das parroquias ou incluso a veciñanza, cumprindo sempre coa LOPD, e dicir si algún destas persoas coñece un caso de este tipo poderlle proporcionar ao veciño ou veciña que o precise o número de teléfono para que dende o Concello o atendan, sen vulnerar a súa intimidade, xa que moitas persoas que viven soas no queren que se saiba.

– Nestes momentos hai moitas persoas que queren ser útiles á sociedade pero a maior utilidade é permanecer nas súas casas. Pensamos que pode haber persoas maiores moi soas e tamén moita xente con vontade para axudar, polo que se podería coordinar a posibilidade de que os voluntarios puideran chamar regularmente a estas persoas que se poden sentir soas e sen información. No caso de que se levase a cabo, pensamos que habería facerse dun xeito moi rigoroso coordinado directamente polo Concello para evitar algún aproveitamento ilícito.

– Ter en mente a posibilidade, oxalá non sexa necesario, dunha ou varias instalacións para atender a persoas infectadas polo virus con saúde estable pero que deben estar illadas, coordinadas pola autoridade sanitaria competente.

COMUNICACIÓN:

– A comunicación é imprescindible, por elo consideramos que se deberían colocar bandos informativos nos lugares de afluencia, como son as portas dos establecementos farmacias, tendas, gasolineira, coa información que se considere importante, e nas parroquias por medio de megafonía, ademais das redes sociais e da páxina web.

As medidas se non chegan a toda a poboación non serven.

MEDIDAS FISCAIS E AXUDAS:

– Aínda que agora mesmo a prioridade e a limpeza, hixiene e seguridade, non podemos obviar a situación dificultosa que están soportando as empresas, tanto autónomos como PYMES, así como a de moitos veciños e veciñas. Xa temos en marcha unha proposta de medidas de redución fiscais e de taxas e bonificación ou subvencións para a veciñanza.

– Debido a esta situación consideramos que o Concello debe priorizar os pagos aos provedores para darlles maior liquidez.

«Posiblemente a veciñanza ten se cabe más propostas construtivas, son tempos para axudarnos entre todos. Precisamente no día de hoxe 24 de marzo pensamos que podería ser importante cuantificar as familias que por motivos de desemprego o de cerre dos seus negocios poidan estar a pasar situación económicas moi dificultosa, considerando a posibilidade de adquisición por parte do Concello de alimentos para cubrir estas necesidades ata que a situación se restableza. Dende o noso grupo agradecer a todos os veciños e veciñas a súa implicación é por favor cumprir cas ordes ditadas polas autoridades, QUEDADE NA CASA, e reiterarlle ao Alcalde o noso compromiso coa veciñanza e que pode contar con nos para o que precise. Unha aperta moi forte, moito ánimo, paciencia e saúde”, conclúe o voceiro do Partido Popular de Baiona, Ángel Rodal.

Anuncios