A Policía Local de Baiona denuncia a 15 persoas por incumprir o confinamento

A Policía Local de Baiona formulou 15 actas de denuncia por incumprimento do Real Decreto do Estado de Alarma. Segundo informou este martes o inspector xefe, Pedro Alonso, realizáronse ademais 63 controis viarios conxuntamente con Garda Civil e Policías Locais dos demais concellos. Houbo máis de 300 requirimentos cidadáns por denuncia do incumprimento do Real Decreto, e houbo dúas detencións realizadas coa colaboración da Garda Civil relacionadas con violencia familiar.

“A actividade diaria da Policía Local segue sendo requirida en diferentes ámbitos que non monopoliza o estado de alarma, é dicir, a nosa función segue sendo plural, e temos que acometer todos os problemas que xorden. Cando estamos na rúa percíbese que a gran maioría da poboación está a facer os deberes e está a cumprir cívicamente o que o real decreto regula”, destacou Alonso.

Anuncios