O servizo de entretemento de Povisa, gratis para os pacientes en illamento

Povisa decidiu ofrecer gratis o seu servizo de televisión e entretemento aos pacientes en réxime de illamento. Trátase, así, de contribuír a paliar no posible as situacións de distancia social ás que obrigan as medidas de prevención respecto aos pacientes con COVID 19.

Povisa converteuse, en xullo de 2012, no primeiro hospital de España en dispoñer de pantallas táctiles de 21 polgadas en todas as camas, a través das cales o paciente pode acceder á TV, Internet, enviar correos electrónicos ou gozar de múltiples opcións de entretemento.