Sin categoría

Baiona pon en marcha novas medidas preventivas para conter o Covid-19

Ante a escalada de contaxios polo COVID-19 en Galicia, e seguindo as medidas de contención do virus adoptadas polas diversas administracións supramunicipais e a FEGAMP relativas ao Plan de Emerxencia Territorial de Galicia, o Concello de Baiona, sumándose á iniciativa doutros concellos da comarca, dende hoxe acóllese ás seguintes medidas preventivas:

1.- Os edificios de culto , tanatorios ou calquera instalación asimilada quedará reducida a un terzo a súa capacidade máxima.

2.- Os cortexos fúnebres quedarán reducidos a un máximo de 25 persoas.

3.- O cemiterio municipal, permanecerá pechado salvo casos excepcionais (enterros…).

4.- Precintado de todos os pulsadores de saída de auga potable das fontes públicas.

5.- Permanecerán pechadas as Praias da Cuncheira, Frades, A Ribeira, A Barbeira, Santa Marta, A Ladeira e percorridos adxacentes.

6.- A recollida do lixo e o servizo de limpeza limitará a súa actividade aos luns, mércores e sábados.

7.- O acceso ao Concello quedará restrinxido, podendo realizar as xestións a través da sede electrónica na web oficial do mesmo (www.baiona.org).

8.- A pesares do anterior, garántese o servizo mínimo polo que en caso de cuestións de emerxencia, deben contactar nos seguintes números de teléfono:
Policía Local: 986 358 011 ou 608 883 002
Ou no teléfono: 986 385 923

9.- Calquera novidade de protocolo ou información de interese relativa á pandemia, é puntualmente actualizada na páxina web do concello no apartado Aviso importante, polo que recomendamos a súa consulta frecuente.

Dende o Concello rogan á veciñanza que colabore na loita do Covid-19 e leve a cabo as recomendacións do Ministerio de Saúde, Consellería de Sanidade e do mesmo Concello xa que é necesario extremar todas as precaucións posibles para rematar con esta situación canto antes. Do mesmo xeito, desexan transmitir o seu apoio e a súa confianza en que todos xuntos, superaremos esta crise.