Suspendida a Romaría de San Bieito en Gondomar

A Romaría de San Bieito, prevista para o vindeiro sábado 21 de marzo, queda suspendida. Así o anunciou este venres o párroco de Gondomar, Juan José González Estévez. A Igrexa permanecerá aberta todo o día desde as 7 da mañá, para a Visita ao Señor e a oración ante a imaxe de San Bieito. Non se permitirá en ningún caso tocar a imaxe ou pasar o pano. Así mesmo, desde esta medianoite queda suprimido o culto público en toda Galicia.