Sin categoría

“A firma do convenio da reforma da Alameda de Gondomar vén a confirmar o que o PP dixo no pleno”

Este luns no Pazo Provincial, o alcalde de Gondomar e o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, asinaron o convenio de colaboración do PON2030 para a remodelación da Alameda de Gondomar. Este convenio, tal e como di a noticia publicada nos xornais, redes sociais e no portal oficial da Deputación Provincial de Pontevedra, “servirá para a renovación integral da Alameda e a súa contorna a través da eliminación do tráfico rodado na maior parte do ámbito, permitindo unicamente a circulación de residentes por unha soa rúa e cunha velocidade limitada a 10 quilómetros hora”.

“Deste xeito vénse confirmar o que o Partido Popular, a través da súa voceira Paula Bouzós dixo no Pleno celebrado o pasado mes de novembro, que o convenio que vén de asinar o Sr. Ferreira recolle o proxecto inicial sen que se modificase nin unha soa coma”, afirman desde o PP gondomareño, que quere deixar claro que a negativa do alcalde a modificar o proxecto para contar co seu voto a favor demostra o que agora vén a confirmarse, “que a obra vaise facer tal e como consta no proxecto”.

“Non é lóxico que os papeis digan unha cousa, o alcalde diga no pleno o contrario e semana máis tarde asine un convenio que confirma o que nós dixemos, paréceme que alguén terá que dar algunha explicación”, matiza Paula Bouzós.