Sin categoría

O Concello de Baiona crea o Comité Coordinador Municipal para tratar o COVID-19

No día de hoxe, o alcalde Baiona, Carlos Gómez Prado, ante a situación que se vén dando nos últimos días con respecto ao COVID-19, creou o Comité Coordinador Municipal para tratar o problema dende diferentes perspectivas e tamén como nexo de comunicación entre as diferentes Administracións e a comunidade sanitaria do Val Miñor. Por orde do Alcalde o concello poñerá a disposición dos veciños e veciñas na páxina web do mesmo un apartado onde se transmitirán todos os cambios que vaian producíndose respecto aos protocolos a seguir.