Anuncios
Ticker de novas

Festa do polbo nas Angustias

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Polbo á feira.

Como actividade previa ás festas na honra da Virxe das Angustias en Nigrán, este martes 15 de agosto celebrarase a Festa do Polbo, organizada pola Asociación Cultural “As Angustias” e o Concello de Nigrán. Desde as 12:00 horas poderase degustar o famoso molusco no Torreiro das Festas.

As festas comezarán o venres 18, con misas e procesións dedicadas á Nosa Señora de Lusán, San Campio, a Virxe das Angustias e a Nosa Señora do Socorro, pasarrúas, concertos e verbenas, con entre outras, as orquestras Superfama e Suavecito, e as actuacións de DJ Charlie e David Civera.

Anuncios