O Laroca consegue 11 dos 16 puntos en xogo na sexta xornada de liga

O pasado sábado celebrouse a sexta xornada de liga onde o Laroca conseguiu 11 puntos dos 16 en xogo.

Na primeira división gran triunfo a domicilio e ante o líder desa xornada o Xadrez Benchosey, por 1-3 tantos conseguidos por Artai, Tino e Fran, que ascendía do Laroca D. Con este resultado os miñoráns sitúanse na segunda posición empatados cos vilagarciáns do Fontecarmoa.

Na segunda división triunfo na sede de Mallón do Laroca B ante o Mos B por 2,5-1,5, puntos conseguidos grazas ás táboas de Tomás, Chema e Patricio, e a vitoria de Carlos. Con este resultado sitúanse na quinta posición da clasificación. O Laroca Mallón-Auga da Laxe perdeu por 2,5-1,5 no seu desprazamento á Guarda ante o Albatros A. Con este resultado sitúanse na cuarta posición da clasificación.

Na terceira división o Laroca C gañou no seu enfrontamento ante o Valladares Monte do Alba por 3-1, puntos conseguidos por Dani, Rafa e Paco. Con este resultado colócanse líderes da clasificación.

Por outra banda, a Federación Galega de Xadrez vén de suspender todas as competicións e actividades ata o día 1 de abril por mor da crise do coronavirus.