O Concello de Baiona, buscando facilitar a convivencia e cubrir as necesidades dos veciños, realizou as obras precisas para mellorar a accesibilidade dentro do centro escolar O Areal de Sabarís.
Os traballadores do Concello erixiron unha beirarrúa de formigón que termina nunha moderada rampla, creando así un paso adecuado dende a entrada da rúa ata unha porta do edificio. Esta obra realizouse a petición da dirección da Escola de Educación Infantil O Areal de Sabarís e pola súa parte, teñen previsto substituír dita porta por unha nova máis accesible e cómoda para os usuarios.
O goberno de Baiona, encabezado polo seu alcalde Carlos Gómez, continuará pendente de mellorar a mobilidade e accesibilidade dentro do Concello.

