O baionés Jesús Fojaco logrou unha medalla de bronce nos Campionatos de España escolares e cadetes de Loitas Olímpicas, que se disputaron este sábado no Palacio de Deportes de la Guía en Xixón. O integrante do Club de Loita Sabarís subiu ao terceiro caixón do podio na categoría 90 kg cadete de Loita Libre Olímpica. Do club de Baiona tamén acudiron Anxo Lomba, Lois Cabrera e Breixo Martínez, que a pesares de loitar moi ben non lograron medalla. Galicia levou 19 inscritos en Loita Libre Olímpica, 8 inscritas en Loita Feminina e 14 inscritos en Loita Grecorromana.


