O Concello de Nigrán abre este luns 9 de marzo o prazo de inscrición para un ciclo de encontros de “Crecemento emocional” dirixido a maiores do municipio. Impartido pola coach Mary Gómez, desenvolverase os mércores de marzo, abril e maio de 17:00 a 18:30 horas no Centro da Terceira Idade da Ramallosa. O obxectivo é mellorar a autoestima, a motivación e a adaptación ao cambio. Os interesados deben inscribirse chamando ao Concello (986365000) ou por mail en info@nigran.org aportando os seus datos de contacto.
Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioracións cognitivas e acadar un benestar emocional, nestes puntos se basea a oferta que ofrece o Concello de Nigrán a través da Concellería de Maiores.

