O pasado sábado celebrouse a quinta xornada da liga galega de xadrez na que o club Laroca conseguiu uns grandes resultados, xa que dos vinte puntos en disputa nas distintas categorías conseguiu 17, grazas ás catro vitorias, das cales tres foron por pleno, e un empate.
Na primeira división o Laroca A impúñase por 4-0 na sede de Mallón ao equipo marinense de Relojería Muíños-Xadrez Marín, puntos conseguidos por Artai, Tino, Sergio e Chema, que ascendía do Laroca B. Con este resultado os miñoranos colócanse terceiros na clasificación empatados co segundo clasificado e a medio punto do líder, o equipo ourensán do Benchosey, ao cal se enfrontará a próxima xornada.
Na segunda división o Laroca B empatou a douses no seu desprazamento a Bueu, para enfrontarse ao Xadrez Bueu B Manuel Morales, puntos conseguidos por Lino e Carlos. Con este resultado os laroqueiros consolídanse na metade da clasificación. O vindeiro sábado enfrontaranse na sede de Mallón ao Club Xadrez Mos B.
Nesta mesma categoría o Laroca Mallón-Auga da Laxe fixo pleno no seu enfrontamento contra os vigueses Alekhine-Correduría Tempu. Con esta vitoria sitúase segundo na clasificación a dous puntos do líder, o guardés do Albatros A, os cales enfrontaranse a próxima xornada.
Na terceira división o Laroca C impúxose por 0-4 ao Xadrez Mos J, puntos de Dani, Rafa, Araujo y Paco. Con este resultado sitúase líder. Na vindeira xornada enfróntanse ao CVC Valladares Monte do Alba. O outro representante na categoría, o Laroca D, gañou por 1-3 no seu desprazamento a Vigo, ante o Lucena Juvenil, tantos conseguidos por Laura, Sebas e Hugo. Con este resultado sitúase na cuarta posición. A vindeira xornada os miñoranos descansan.

