Podemos presenta en Nigrán e Baiona unha moción sobre a Educación Sexual

Os Círculos de Podemos Nigrán e Baiona presentan unha proposta de educación integral e respectuosa coa diversidade sexual onde instan aos seus respectivos Concellos a diversas propostas entre as que se encontran:

1) Apoiar e facer cumprir todas aquelas iniciativas lexislativas sobre a temática.

2) Instar á Xunta de Galicia a cumprir o acordo parlamentario.

3) Solicitar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a elaboración, de maneira conxunta, dun currículo educativo integral con enfoque en dereitos humanos e perspectiva de xénero, e impulsen a formación do profesorado en materia de educación sexual integral de xeito unificado e sistematizado.

4) Solicitar ao Ministerio de Educación a elaboración de materiais específicos informativos.

5) Solicitar ao Goberno do Estado diferentes programas destinados a involucrar a toda a comunidade educativa, familias e grupo de iguais. Promover en colaboración ca Xunta de Galicia a detección e intervención de situacións de risco que poñan en perigo o desenvolvemento integral da liberdade sexual da infancia e da mocidade LGTBI.

6) Vixiar, que todas as medidas educativas en materia de educación sexual integral contemplen coma medida transversal o principio de Igualdade de Trato e Non Discriminación LGTBI.