Gondomar desvelará aos gañadores do concurso de comparsas na Verbena de Entroido

O vindeiro venres 6 de marzo a Praza Paradela de Gondomar acollerá a entrega dos premios ás comparsas que participaron no Desfile-Concurso de Entroido, celebrado o pasado domingo 23 de febreiro. O xurado desvelará aos gañadores a partir das 22:00 horas. Para quentar e animar o ambiente celebrarase, a partir das 20:00 horas, unha verbena que amenizará a orquestra Claxxon.