Concentración de coches históricos en Vilas

A Comisión de Festas María Auxiliadora de Vilas (Morgadáns-Gondomar), coa colaboración do Club de Clásicos y Populares del Val Miñor, organiza o próximo sábado 7 de marzo una concentración de coches históricos. Haberá unha ruta con saída ás 17:00 horas por Vilas, Prado, Murxido, Morgadáns e San Roque, e pola noite, ás 20:00 horas, unha cena con churrasco, criollos, patacas, pan e sobremesa (bebida non incluída), amenizada polo Dúo Armonía e un DJ.

O prezo para participar é de 12 euros. Á concentración pode asistir quen queira, e haberá un aparcamento reservado para os vehículos participantes e carpa para os asistentes en caso de choiva. Máis información e inscricións nos teléfonos 636 567 024 e 670 465 976.