Sin categoría

Aberto o prazo de solicitude para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe

Xa está aberto o prazo de solicitude para os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra. Os campamentos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2006 e 2013 ambos os dous incluídos que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. O período de solicitude remata o día 16 de marzo.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Baiona, situada no segundo andar da Casa do Concello (Tlf. 986 38 59 21), na OMIX de Nigrán, situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía), en Panxón (Tlf. 986 38 30 81), ou na OMIX de Gondomar, situada na Casa da Cultura (Tlf. 986 36 97 46).