Esta fin de semana celebrouse no Pavillón Municipal de Tui o Campionato Galego Show Categoría Nacional (Júnior e Cuarteto), dando comezo o sábado ás cinco e media da tarde. O Club Patinaxe Artística Gondomar proclamouse campión galego na Categoría Nacional de Cuarteto logrando a maior puntuación da tarde cun total de 79.8 en contido do programa e presentación.
O grupo gondomareño, dirixido polo seu técnico David Figueroa, presentaba a coreografía “La corona”, que representa a historia de María I, chamada María Estuardo, raíña de Escocia e sentenciada pola súa curmá Isabel I, raíña de Inglaterra. As bancadas con aforo completo, puideron gozar do gran nivel de patinaxe como unha seda que portan as patinadoras que se estrean na modalidade de cuarteto, subindo ao máis alto do podio no campionato galego. E tendo en conta que en tan só uns días enfrontaranse ao Campionato de España na Comunidade Valenciana.


