Baiona recibe ao Embaixador de Cuba en España

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Primeiro Tenente de Alcalde, Óscar Martínez Álvarez, recibiron este mércores ao Embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, no Concello. Mañá participará no I Foro Iberoamericano España-Cuba-Baiona centrado na economía.

Nesta ocasión o Embaixador viaxa xunto coa Cónsul Xeral de Cuba en Galicia-Asturias, Yahima Martínez Millán, e a Conselleira Económico–Comercial da Embaixada de Cuba en España, Yanet G. Fernández Padilla. Tamén lles acompaña Miguel Ángel Alvelo Céspedes, Presidente–Fundador da asociación ANEC.

Todos aproveitaron esta ocasión para manter unha reunión cordial previa ao I Foro Iberoamericano que se celebrará mañá xoves, día 27 de febreiro, ás 12:00 horas no Parador Conde de Gondomar.

Anuncios