Nigrán decreta dous días de loito oficial

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Bandeiras a media hasta.

O Concello de Nigrán, ante as infrutuosas e complicadísimas labores de busca do patrón do Marsua J., Jorge Emilio Martín Costas, debido ás pésimas condicións da mar, decreta desde hoxe dous días de loito oficial pola desaparición deste veciño de Panxón e do seu compañeiro de Baiona, Jose Manuel Freire Leyenda, cuxo corpo foi achado onte. As bandeiras do Concello ondearán a media hasta en sinal de dor por esta traxedia e solidariedade con ambas as dúas familias e non se celebrará ningún acto oficial.

Anuncios