Dúas alumnas de Baiona estudarán en Canadá becadas pola Fundación Amancio Ortega

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado dos concelleiros de Educación e Cultura, Óscar Carreño e Miriam Costas, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Concello a dúas alumnas do municipio ás que lle foron outorgadas unhas becas da Fundación Amancio Ortega. Son Sara Vilar Rodríguez, do IES Primeiro de Marzo, e Estrella Mateo Romero, do CPI de Cova Terreña, que na actualidade estudan 4º de ESO e grazas á beca estudarán o próximo curso 1º de Bacharelato en Canadá, vivindo durante 10 meses con familias de acollida. Estiveron acompañadas polas súas familias e por representantes de ambos os dous centros educativos.