Buscan un pesqueiro de Baiona desaparecido con dous tripulantes a bordo preto de Cíes

Efectivos de Salvamento Marítimo buscan a un pesqueiro, o Marsua J, con dous tripulantes a bordo e que está desaparecido desde a tarde deste luns.

Segundo informa Europa Press, a Confraría de Baiona trasladou o aviso ás 16:15 horas ante a falta de noticias deste barco, que estivo a faenar ao oeste das Illas Cíes.

No rexistro da frota do Ministerio, figura que se trata dun barco de artes menores de case sete metros de eslora. Ten porto basee en Baiona e foi dado de alta en febreiro de 2001.

Desde o centro de coordinación de Salvamento mobilizouse ao helicóptero Pesca I, de Gardacostas de Galicia, e a Salvamar Mirach.

AMPLIACIÓN: Pasadas as 17:00 horas, o helicóptero Pesca 1 localizou o cadáver dun dos mariñeiros. Tamén avistou o pesqueiro coa quilla ao sol.

Anuncios