Baiona organiza dous días de festa infantil polo Entroido

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, organiza dous días de festa infantil con motivo do Entroido, para os próximos días 25 e 26 de febreiro, no Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

O luns e o martes de Entroido, os máis pequenos da casa poderán gozar de varias actividades dedicadas a eles especialmente no DiverEntroido; como diversos obradoiros temáticos, maquillaxe, inchables, e posto de palomitas.

Ademais, o martes 25 de febreiro, todos os nenos e nenas que o desexen poderán participar no Gran Desfile Infantil de Disfraces, que comezará ás 18:00 horas. As inscricións realizaranse no propio Pavillón 1 hora antes do comezo do desfile. A organización obsequiará a cada participante cun pequeno agasallo.

O Gran Desfile Infantil de Disfraces será presentado polo baionés Bernardo Montaña. O Concello de Baiona anima a todos os nenos e nenas a desfrutar desta programación de Entroido.

Anuncios