Charla coloquio sobre o Entroido galego en Gondomar

Este xoves día 20 de febreiro, ás 20:15 horas, no Centro Neural de Gondomar e organizado pola Asociación Cultural Centáurea dentro das celebracións do Entroido, terá lugar un acto consistente na presentación de imaxes do Entroido galego, que será comentada e participada polo público asistente.

Poucos países ofrecen como Galicia tantas variedades tradicionais e tan significativas: a gran riqueza das tradicións sae á rúa, fronte á promoción da aculturación e o sometemento a outras culturas. As rivalidades entre parroquias, vilas e comarcas galegas no xeito de expresar os ritos lúdicos protagonizados por máscaras e traxes ancestrais, amosan o tesouro das nosas tradicións populares.

Anuncios