Donas celebra as festas do Doce Nome de Xesús

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión do Doce Nome de Xesús en Donas.

A parroquia gondomareña de Donas celebra este fin de semana as festas na honra do Doce Nome de Xesús. O sábado 25 ás 9:30 da mañá haberá un pasarrúas do grupo de gaitas Castro da Pedra Moura de Donas, e pola noite, as orquestras Costa Blanca e Arco Iris de Portugal amenizarán a verbena.

O domingo 26 ás 10:00 da mañá, entrada da Banda de Música Agrupación Musical de Belesar en Gondomar. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Alianza e Miramar.

O luns 27 ás 12:30 haberá un concerto dunha banda de música. A partir das 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas e pola noite, as orquestras Galilea e Trovadores amenizarán a verbena fin de festa.

Anuncios