A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza unha comida con “carne ao caldeiro”

A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza este domingo día 23 de febreiro unha comida con “carne ao caldeiro”. O menú, cun prezo de 15 euros, inclúe comida, bebida, sobremesa, café e chopo. O prezo para os nenos será de 7 euros. As inscricións deberán formalizarse na propia Comisión de Festas. O aforo é limitado.