Alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Ondas na Concheira.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta laranxa costeira a todo o litoral galego. Ademais actívase alerta laranxa por ventos en terra con refachos que poden acadar os 100km/h na mariña lucense.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) amplía a alerta laranxa en todo litoral galego por mar combinada do oeste- noroeste con ondas que poderán acadar os 6 metros, que se espera que de comezo a primeiras horas de mañá, con vento do suroeste de forza 7. Ademais activase alerta laranxa por vento en terra con rachas que poderán acadar os 100 km/h na mariña lucense que dará comezo en torno ás 9 horas.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios