Mañufe sacará o domingo por segundo ano consecutivo aos seus catro santos en procesión

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festividade de San Vicente en Mañufe.

Mañufe celebra este domingo 28 de xaneiro o día do seu patrón, San Vicente, e por segundo ano consecutivo sairán en procesión os catro santos da parroquia. A imaxe de San Andrés sairá da súa capela situada en Nande ás 11:30 da mañá dirección O Portelo, onde se unirá a de San Sebastián, para dirixirse xuntas ata a igrexa parroquial, onde esperarán San Blas e San Vicente. Tras o encontro, celebrarase a Misa Solemne ás 12:30 horas, seguida da procesión conxunta.