Nigrán abre este domingo co Entroido Infantil a súa programación especial

O Concello de Nigrán arranca este domingo 16 de febreiro a programación especial de Entroido coa celebración do Entroido Infantil no Auditorio Municipal desde as 17:30 horas a cargo de “Voltereta e Volvoreta”. A festa arrancará cun contacontos participativo e despois será o concurso de disfraces e desfile. O venres 21 de febreiro ás 12:00 horas terá lugar o tradicional desfile escolar pola contorna do Concello de Nigrán (colexio Humberto Juanes e a Escola Infantil “A Galiña Azul” de Nigrán). A continuación, o día grande será o sábado 22 co desfile de comparsas, que abrirá o grupo de batucada “Bate no Cobre” (en caso de choiva se posporá ao 6 de marzo). O martes 25 de febreiro o Auditorio Municipal acollerá durante toda a mañá o concurso que cada ano realizan conxuntamente os centros de día do Val Miñor. O Entroido de Nigrán finaliza o sábado 7 de marzo co tradicional Enterro do Kiko de Parada.

Anuncios