Corte de tráfico na PO-552 pola celebración do Entroido en Baiona

Dende a Xefatura da Policía Local de Baiona e do departamento de Cultura informan que por mor da celebración do Desfile de Comparsas de Entroido en Baiona realizarase corte de tráfico o vindeiro domingo 16 de febreiro en xornada de tarde dende a rotonda da autopista en Sabarís (PO-552 km. 14.500) ata a rotonda do Villa Rosa (PO-552 km 17) dende as 16:45 horas ata o remate do mesmo. O tráfico, durante o corte, será desviado por vías alternativas e pola circunvalación AG-57.