Membros da xunta directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), fixeron entrega este martes en Viaxes Ecuador de Baiona do premio dunha viaxe a Londres para dúas persoas e dun curso de inglés cedido pola Academia Royal Celtic Bay de Baiona. Juan Antonio Soto Veleiro foi o gañador deste sorteo de Nadal que realizou ACEBA o 14 de xaneiro.
Juan Antonio Soto Veleiro, gañador do premio da campaña de Nadal de ACEBA

