Alumnado do Cova Terreña aprende sobre a doazón de órganos e tecidos

O alumnado de 5º A e B do CPI de Cova Terreña de Baiona participa no Proxecto Salvavidas, do Plan Proxecta. Decidiron traballar baixo o lema “Doa, é doado!”, e este martes tiveron a súa primeira conferencia sobre a doazón de órganos e tecidos, na aula de 5º A de o Colexio de Fontes.

Visitoulles no centro Marta Álvarez Vázquez, coordinadora autonómica de transplantes de Galicia, e Lola, unha santiaguesa transplantada de fígado. Marta faloulles da importancia e a xenerosidade dos transplantes, como se coordinaba, que órganos e tecidos se transplantaban, doazón en vida, criterios prioritarios para ser receptor dun transplante…

Despois da presentación, os escolares puideron formular preguntas e falar de moitas das curiosidades que tiñan sobre este apaixonante tema. Lola, pola súa banda, faloulles da súa experiencia, do mal que se pasa durante a espera, de como che avisan cando hai un órgano para ti, dos seus días de hospitalización e da súa vida na actualidade. Para os alumnos e alumnas foi un día emocionante e moi interesante.