Gondomar colga corazóns nas árbores polo Día dos Namorados

O Concello de Gondomar lanza a campaña “Desde o corazón”, co obxectivo de que a xente se achegue a coñecer o municipio e colgue un corazón nas árbores vermellas da Praza Paradela e rotonda de Elduayen con motivo do Día dos Namorados. Este luns, alcalde, concelleiros, comerciantes, centros educativos, asociacións, etc…, colgarán os seus primeiros corazóns nas árbores vermellas, que permanecerán acesos e cos corazóns ata finalizar o Entroido.