Xornada informativa sobre comunidades de augas en Nigrán

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá xoves ás 20:00 horas unha charla informativa a cargo de Coxapo, Comunidade Xeral de Augas de Galicia, nacida no ano 2006 en Tomiño e a cal representa a 88.000 asociados do Baixo Miño e Val Miñor.

Os asuntos que se tratarán na mesma son: necesidades das comunidades de augas veciñais no municipio, renovación das concesións por parte de Augas de Galicia das comunidades, cambios nas normativas vixentes que hai e haberá desde a Comunidade Europea e información necesaria para estar ao día.

Anuncios