Festa das Candeas e Romaría de San Blas en Mañufe

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta fin de semana a Festa das Candeas e a Romaría de San Blas. O domingo 2 de febreiro haberá Misa e bendición das candeas ás 11:30 da mañá. O luns 3 ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne na honra de San Blas, seguida de procesión acompañada pola Banda Musical do Val Miñor. Tamén se celebrarán Misas cada hora, pola mañá desde as 8:00 ata as 11:00, e pola tarde desde as 17:00 ata as 20:00 horas. En todas elas farase a bendición do pan e outros alimentos.