Aqualia pon en marcha a 18ª edición do seu Concurso Dixital Infantil

Con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental que se celebra o 26 de xaneiro, Aqualia presenta a 18ª Edición do seu Concurso Dixital Infantil que, ano tras ano, conciencia e educa aos máis pequenos sobre a importancia da auga e o traballo que hai detrás de abrir a billa e dispoñer de auga de calidade.

Nesta ocasión, Aqualia convida os nenos a converterse en “Gardiáns da auga” e deseñar un cartel creativo que reflicta a súa visión do ciclo da auga e de como usala de forma sostible. En www.aqualiayods6.com atoparán todas as pezas necesarias. Nesta ocasión, tras escoller o lenzo, os nenos terán que ir contestando preguntas sobre o ciclo da auga. As súas respostas proporcionaranlles novas pezas para inserir no lenzo, ata deseñar o seu cartel.

Aqual e ODS6 axudan aos nenos no seu reto

No marco da axenda 2030 acordada pola Asemblea de Nacións Unidas, este ano a temática do Concurso vira ao redor dos ODS facendo, especial fincapé no ODS6, “auga limpa e saneamento”.

Co obxectivo de achegar e involucrar aos nenos no universo dos ODS dunha forma divertida creáronse dous personaxes, “Aqual” e “ODS6” que serán os protagonistas do concurso. Eles explicarán aos nenos en primeira persoa o ciclo integral da auga e animaranlles a unirse aos Gardiáns da auga; daranlles as claves para superar as diferentes etapas do reto e deseñar o cartel que presentar ao certame.

Aqual traballa para lograr que a auga limpa e o saneamento estean ao alcance de todas as persoas no mundo. ODS6 é o encargado de poñer os medios para coidar da auga, dando a coñecer os seus obxectivos para lograr que máis e máis persoas traballen nesta dirección.

Unha iniciativa educativa consolidada

O Concurso Dixital Infantil representa unha oportunidade para difundir entre os máis pequenos a importancia da auga e o traballo que hai detrás de abrir a billa e contar con auga de calidade.

Poden participar no certame os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos municipios nos que Aqualia presta servizo. Desde a organización sinalan que “queremos que os nenos valoren o xesto de abrir a billa e ter auga de calidade, pero ademais que desenvolvan un espírito solidario con respecto a este recurso e a importancia de coidalo e garantilo para futuras xeracións. Neste sentido, este ano incorporamos a filosofía dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ofrecendo ferramentas para trasladar a súa mensaxe aos mozos. Estamos seguros de que os máis pequenos divertiranse e aprenderán moito acerca do ciclo da auga, e da importancia da súa correcta xestión para gozar dun planeta máis sostible”.

O Concurso, ademais de en España, convócase en Portugal, onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga en varios municipios. Os nenos teñen ata o próximo 22 de Marzo, Día Mundial da auga, para deseñar e presentar os seus carteis.

Os participantes optan a conseguir 10 premios individuais, 10 Tablet Samsung 10”, unha para cada neno gañador; 250 premios para os nenos finalistas, consistentes cada un deles nun reloxo smartwatch; e 1 premio colectivo para un colexio, consistente nunha tarxeta de 1.000 euros para material educativo. O nome dos gañadores difundirase, a partir do 15 de abril, a través da web de Aqualia (www.aqualia.com), na propia web do concurso, en todas as oficinas de Aqualia e a través da conta de Twitter @aqualia.

O concurso infantil, no que ata o de agora participaron 250.000 alumnos, enmárcase no conxunto de iniciativas que regularmente desenvolve Aqualia con colexios, institutos e centros universitarios para darlles a coñecer as fases do ciclo da auga e educar nun uso e consumo máis responsable deste recurso.

Anuncios