O PP de Nigrán considera que o alcalde falta á verdade nas súas declaracións sobre a xestión da EDAR

O Partido Popular de Nigrán manifesta nun comunicado que de acordo coa lei a EDAR é competencia plena do Concello. “Aínda que foi financiada pola Xunta de Galicia ao 100% en 1997, a titularidade do mesmo é do Concello de Nigrán segundo o acordo do Pleno celebrado o 23/5/1997”, sinalan.

Lembran ademais que desde a súa posta en marcha Augas de Galicia veu realizando a xestión e mantemento destas instalacións “en aras a salvagardar o interese público”. “O Concello en sesión plenaria de día 26/04/2002 acordou a transferencia á Xunta das funcións de xestión e mantemento da planta”.

Os populares aseguran que o custo da xestión e mantemento da planta é de aproximadamente 475.000€ anuais, descontado o canon por coeficiente de vertedura que percibe a Xunta como compensación de aproximadamente 350.000€, “polo que o Concello de Nigrán aforrouse 2.250.000€ en todos estes anos grazas ao apoio da Xunta”.

Ademais, desde o PP destacan que na comunicación de Augas de Galicia indícase claramente que no caso que considere necesario que a Xunta siga xestionándoo, tan só ten que solicitalo. “Se non o solicita a Xunta deixará de xestionar a EDAR de Nigrán co consecuente custo económico que iso conleva”, conclúen.

Anuncios