O CPA Gondomar pecha o Campionato de Preseleccións co 90% dos seus participantes clasificados

Esta fin de semana, sábado 25 e domingo 26, tivo lugar o primeiro Campionato de Preselección Provincial Libre de Pontevedra, en patinaxe artística sobre rodas, que nesta ocasión tivo o seu arranque no Pavillón Cándido Carrera en Salvaterra.

Este novo campionato pretende a preselección de patinadores para o seu ascenso a primeira categoría, no que o Club de Patinaxe Artística Gondomar presentou a 11 participantes: Rodrigo Costas, Lena Castro, Adriana Comesaña, Xiana Fernández, Ángela García, Marta Goyanes, Leire Rocha, Sara Abal, Sofía Fernández, Manuel Estévez e María Moldes, conseguindo o ascenso de máis do 90% dos mesmos.

Esta preselección anual transcorreu a fin de semana completa para Pontevedra e Ourense desde as 10 da mañá que daba comezo con adestramentos infantís, ata finalizar o mediodía do domingo coa competición dos benxamíns ás 14 horas do mesmo.

As patinadoras de David Figueroa demostraron neste campionato o seu ascenso na disciplina deportiva de patinaxe artística sobre rodas, mostrando o seu deslizamento con figuras, saltos e piruetas, entre outros exercicios técnicos necesarios para a súa clasificación.

2020-01-27 - IMG-20200125-WA0010

Anuncios