Nigrán ratifica o seu compromiso de seguir sendo “Cidade Amiga da Infancia”

O goberno de Nigrán, co voto a favor do PP, aprobou hoxe unha moción na que ratifican o compromiso do Concello para acadar o recoñecemento do selo “CAI” (Cidade Amiga da Infancia) que concede o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) de forma bienal.

O programa CAI foi creado por Unicef Comité Español en 2001 co propósito de promover a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) en pobos e cidades da xeografía nacional, forma parte á súa vez da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por Unicef Internacional desde o ano 2000 e no que colaboran gobernos nacionais, administracións locais, ONG…

Anuncios