Nigrán tramita a prestación económica de pago único por fillo menor ao cargo

O Concello de Nigrán informa de que Xunta de Galicia convoca a prestación económica de pago único por fillo/a menor a cargo (360€), co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno/a, establecendo deducións da cota íntegra autonómica do IRPF.

Poderán ser beneficiarias todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/ as nados/ as entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2018, nin eles nin ningún membro da unidade familiar

A documentación que deberá acompañar á solicitude é: fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar, certificado IBAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor ) e outra documentación para casos excepcionais.

As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa), antes do 3 de marzo, previa cita no teléfono 986 365 000.