Podemos Nigrán fai un chamamento á folga pola sanidade pública

O grupo municipal Podemos Nigrán presentou esta mañá por rexistro unha moción na que solicita ao goberno que apoie a folga do vindeiro domingo 9 de febreiro de 2020 convocada en Compostela pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

Destacan que é preciso un chamamento para mobilizar á veciñanza en defensa dunha sanidade de calidade, pública e universal. Ademais dun estudo da posibilidade de facer un acto local previo e a posibilidade de xestionar un transporte colectivo dende a localidade.

Anuncios