Sin categoría

O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “El árbol del ahorcado”

Concello de Nigrán e Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrecen este xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a película “El árbol del ahorcado” (EUA, 1959), de Delmer Daves, con Gary Cooper nun dos seus últimos westerns e Maria Schell. A entrada é libre ata completar o aforo. O filme proxectarase en versión orixinal subtitulada ao castelán.

Na época da febre do ouro, Joe Frail (Gary Cooper), un estraño e contraditorio médico sobre o que parece pesar un escuro pasado, chega a un poboado mineiro de Montana. Un día ten que atender a Elisabeth, que perdeu a vista vítima do ataque duns bandoleiros. Grazas aos coidados de Frail, a moza volverá a ver.