Mañufe sacará por cuarto ano consecutivo aos seus catro santos en procesión

A parroquia de Mañufe celebra o próximo domingo, día 26 de xaneiro, por cuarto ano consecutivo, a procesión dos catro santos. A imaxe de San Andrés, acompañada do grupo de gaitas “Os Romanteleiros”, da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, sairá dende a capela de San András ás 12:00 horas. A procesión dirixirase ao barrio de San Sebastián do Portelo, onde a esperará a imaxe de San Sebastián. Os dous santos seguirán en procesión ata a igrexa parroquial, onde serán recibidos por San Vicente (patrón da parroquia) e San Brais. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne, presidida polos catro santos, e unha vez finalizada, sairán en procesión polo adro e arredores da igrexa parroquial. Os catro santos seguirán xuntos na igrexa ata a celebración de San Brais (día 3 de febreiro), despois cada un deles volverá aos seus lugares de orixe.