Seis entidades de Nigrán aforrarán preto de 1.300 € ao ano no recibo do IBI

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturais que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016).

Con esta declaración o “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva “O Castro” verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.

“Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.

Anuncios