Festa Temática de Harry Potter no Centro Cultural de Baíña

O Salón de Actos do Centro Cultural de Baíña acollerá este domingo, 19 de xaneiro, de 19:00 a 21:00 horas, unha Festa Temática de Harry Potter. Terá entrada gratuíta e contará cun concurso de disfraces, música e sorpresas.

Previamente á festa, a empresa Sportemp organiza un obradoiro con diversas actividades de 16:00 a 19:00 horas no mesmo Centro Cultural que inclúe reprodución da cerimonia do Chapeu Seleccionador onde se lle asigna a casa, obradoiro de decoración de varitas, obradoiro de feitizos e apócemas, obradoiro de creación de Horrocruxes, photocall con atrezo temático e entrega de diplomas.

O prezo de todas estas actividades é de 15€ para os socios e 18€ para os non socios. As prazas son limitadas, e os interesados deben apuntarse antes do 15 de xaneiro chamando ao 644 860 260.

Anuncios